Carmen Basadre avanza que o BOP publica hoxe a licitación para a instalación de atraccións no San Froilán os vindeiros 4 anos

O prazo de presentación de proposicións, que será no Rexistro Xeral do Concello, é de 30 días naturais

Xoves, 14 de xullo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou este xoves que o Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe a licitación para a instalación de atraccións no recinto feiral de San Froilán para os anos 2016, 2017, 2018 e 2019. Deste xeito, a entidade local abre o prazo de presentación de proposicións, que é de 30 días naturais contados a partir de mañá e que debe facerse no Rexistro Xeral do Concello. As instancias deberán ir acompañadas de dous sobres, un coa documentación adminsitrativa e outra coa oferta económica.

Trátase do outorgamento, por procedemento aberto, da autorización para 140 atraccións de azar, espectáculos ou carruseis, churrerías, degustación ou mesóns, mesas e stands de venda, situadas na Praza de Avilés, na Avenida Rodríguez Mourelo, na rúa vila de Foz, nas costas do Parque de Rosalía de Castro, na lonxa do Pavillón dos Deportes, na avenida García Portela e na Praza Maior.

Máis información en www.lugo.gal

Audio

  • Carmen Basadre, Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua | descargar mp3

Noticias relacionadas