Carmen Basadre participa no paseo da cata histórica sobre o abastecemento de auga á cidade de Lugo

Os participantes neste paseo guiado, que organiza o Concello coas Catas Históricas, percorreron a Praza da Milagrosa, o Monte das Pías, a rúa Mazaira e o Agro dos Castros

Sábado, 28 de xaneiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, participou este sábado no paseo guiado da cata histórica sobre o abastecemento de auga á cidade de Lugo, que organiza o Concello dentro do programa das Catas Históricas. Os participantes, que saíron ás 11:00 horas do MIHL, percorreron a Praza da Milagrosa, o Monte das Pías, a rúa Mazaira e o Agro dos Castros. O Doutor en Historia Antiga e Arqueoloxía, Javier Gómez, é o encargado de realizar ditas catas históricas.

Noticias relacionadas