Cohesión social lanza tres liñas de achegas cun investimento de 267.000 euros para mobilidade, aluguer e axuda ao tecido asociativo

O tecido asociativo dispón desde esta mañá dunha subvención para cubrir gastos operativos e de mantemento de instalacións que ascende a 38.000 euros.

Tamén  está aberto o prazo para optar ás achegas para o mantemento e o uso do taxi adaptado, dotadas con 14.000 e 5.000 euros, respectivamente.

As axudas para o aluguer que mobilizarán 210.000 euros, amplían importes e flexibilizan os criterios para optar ao financiamento.

Luns, 09 de outubro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cohesión social lanza tres liñas de achegas cun investimento de 267.000 euros para mobilidade, aluguer e axuda ao tecido asociativo

O Executivo de Lara Méndez abriu esta mañá o prazo para solicitar tres liñas de axudas cun investimento total de 267.000 euros. O obxectivo do Goberno local e favorecer a mobilidade reducida, o cubrir as necesidade de aluguer de vivenda e contribuír aos gastos operativos do tecido asociativo da cidade no desenvolvemento da súa actividade.

Deste xeito Cohesión Social contribúe a mobilidade das persoas con capacidade reducida con achegas por un importe total de 19.000 euros para o mantemento e o uso do taxi adaptado, dotadas con 14.000 e 5.000 euros, respectivamente. Neste último caso, a contía individual das axudas será de 800 euros ao ano e de 1.000 euros para as persoas empadroadas no rural. “O obxectivo desta iniciativa é traballar en prol da igualdade de oportunidades garantindo que o noso municipio conte cun sistema efectivo de trasporte público adaptado que cubra as necesidades das persoas con mobilidade reducida independentemente do seu lugar de residencia”, sinalou a González Abelleira.

De xeito coordinado, con estas axudas á mobilidade e ás achegas ao aluguer, a área de Cohesión Social abre o prazo para optar as subvencións destinadas ao tecido asociativo, que contan con 38.000 euros de orzamento para sufragar tanto as actividades que realizan como a conservación das instalacións nas que as levan a cabo “É necesario pór en valor o traballo do noso tecido social e contribuír o seu labor. Esperamos que ás asociacións aproveiten a existencia destes fondos e convidamos a solicitalos para poñer en marcha as súas iniciativas que cumpren un cometido fundamental da nosa veciñanza”, rematou Abelleira.

Axudas ao aluguer

Á apertura do prazo desta convocatoria súmase a apertura das achegas ao aluguer. Neste ámbito, o Goberno local optou este ano por aumenta o importe desta liña de axudas para paliar o déficit de vivenda pública en Lugo, onde a Xunta de Galicia non constrúe  ningunha vivenda protexida desde o ano 2008, o que implica que a lista de espera para optar un aluguer na cidade supere os 1.300 inscritos. En total, o Concello mobilizará neste exercicio 210.000 euros para dar cobertura a estas axudas para as que se inclúe a posibilidade de prórroga da convocatoria por un ano máis, duplicando a consignación económica ao efecto. “Incrementamos non só a contía da bonificación, coa que se poderá cubrir ata o 50% do importe do alugueiro, senón tamén o tope máximo establecido para a renda que teñen as vivendas susceptibles de subvencionar, pasando dos 350 euros aos 400 euros, tratando de adaptarnos así á situación na que se atopa o mercado inmobiliario”, sinalou a concelleira de Benestar Social, Olga Racamonde.

Noticias relacionadas