Comeza o curso na Escola Municipal de Música con case 800 prazas cubertas

Luns, 15 de setembro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde, José López Orozco, acompañado pola Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, visitou esta tarde a Escola Municipal de Música con motivo do comezo, hoxe, do curso 2014-2015.

A Escola Municipal de Música comeza o novo curso cun total de 791 matriculas formalizadas nas distintas materias que se imparten neste centro dependente do Concello que ten as súas aulas na primeira planta do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra. Nela estudan tanto nenos e nenas como adultos. 
A Escola Municipal de Música imparte materias como linguaxe muxical, música e movemento ou técnicas de respiración, entre outras, e tamén se ofrecen ensinanzas dos seguintes intrumentos: frauta traveseira, clarinete, saxofón, fagote, trompa, trompeta, trombón, tuba-bombardino, percusión, gaita e pito pastoril galego. 

Multimedia

Noticias relacionadas