COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL

Mércores, 27 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL

Detención por violencia de xénero

Na madrugada do día 27 de marzo, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a un edificio da zona norte da cidade xa que ao parecer unha muller fora agredida pola súa parella. Os axentes trasládanse de inmediato e atopan a un home na rúa, chamando ao porteiro automático da vivenda da vítima, manifestando que non pasou nada, que estaba de aniversarios e emborrachouse.

Os policías póñense ao fala coa muller, a cal presenta un gran ataque de ansiedade, tirada no chan, chorando e á beira o seu fillo, menor de idade, manifestando este que o home chegara a casa bebido, gritando á súa nai e nun momento dado agárraa polo brazo, golpeándoa e caendo ao chan, mostrando aos axentes un vídeo gravado co seu teléfono móbil onde se ve á agresión, motivo polo cal se procede á detención desta persoa, de 40 anos de idade e veciño desta cidade, por un presunto delito de violencia de xénero, sendo trasladado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado correspondente. A vítima é atendida por un equipo médico do 061, sendo trasladada a un centro médico da cidade, facéndose cargo do menor unha veciña.

Accidente de circulación e delito contra a seguridade viaria

Sobre as 5,00 horas do día 27 de marzo un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúa San Roque xa que se produciu un accidente entre dous vehículos, comprobando que un turismo se había desprazo da súa traxectoria chocando contra un estacionado, observando que o condutor presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado positivo de 0,76 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria. (foto)

Precinto de vehículo por embargo

Na tarde de onte, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, localiza na rúa Curros Enríquez un vehículo sobre o que pesa mandamento de procura e captura por embargo, sendo trasladado polo servizo de guindastre ao Depósito Municipal, onde queda precintado ao dispor do organismo competente.

 

Noticias relacionadas