COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Luns, 25 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Controis de alcoholemia e drogas

Durante a fin de semana, a Policía Local de Lugo puxo en marcha un dispositivo especial con motivo do inicio da Semana Santa, intensificando os controis de alcoholemia e drogas en vías do centro urbano, no que participaron efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co apoio de equipos de Atestados do Corpo, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, co seguinte balance:

DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA

Na rúa Perpetuo Socorro detéctase un condutor que conduce un vehículo carecendo de permiso de condución por perdida de todos os puntos asignados, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Na rúa Luis Seoane detéctase a circulación irregular dun vehículo que ao ser detido compróbase que o seu condutor carece de permiso de condución por non obtelo nunca, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Na Avenida da Coruña dáse o alto a un vehículo que o seu condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado positivo de 0,74 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS (17)

Angelo Cocín, condutor que lanza resultado POSITIVO de 0,59 mg/l.

Concepción Arenal, condutor resultado POSITIVO de 0,60 MG/L

Sierra de Meira, condutor POSITIVO de 0,53 mg/l.

Concepción Arenal, condutor POSITIVO de 0,53 mg/l.

Montero Rios, condutor POSITIVO de 0,60 mg/l.

Río Narla, condutor POSITIVO de 0,64 mg/l

Estes condutores foron sancionados con 1.000 euros de multa e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

Rúa Fontelo, condutor POSITIVO de 0,43 mg/l

Ramón Ferreiro, condutor POSITIVO de 0,44 mg/l

Rolda dá Muralla, condutor POSITIVO de 0,42 mg/l

Armando Durán, condutor POSITIVO 0,40 mg/l

Armando Durán, condutor POSITIVO 0,34 mg/l

Avenida A Coruña, condutor POSITIVO 0,36 mg/l

Ronda das Fontiñas, condutor POSITIVO 0,29 mg/l

Ronda das Fontiñas, condutor POSITIVO 0,49 mg/l

Ronda das Fontiñas, condutor POSITIVO de 0,54 mg/l

Avenida de Madrid, condutor POSITIVO de 0,38 mg/l

Avenida de Madrid, condutor POSITIVO de 0,42 mg/l

Estes condutores foron sancionados con 500 euros de multa e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

DROGAS (2)

Avenida da Coruña, condutor positivo en cocaína

Xoan Rico Pérez, condutor positivo en thc

Estes condutores foron sancionados con 1.000 euros de multa e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

Así mesmo no transcurso destes controis foron detectadas as seguintes infraccións graves á normativa de Seguridade viaria:

11 condutores que non presentaran os seus vehículos a ITV no prazo debido.

2 titulares de vehículos que circulaban carecendo de soa.

Axuda humanitaria

A madrugada do día 24 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un edificio de Ronda das Fontiñas, xa que unha persoa de avanzada idade caeuse no interior da súa vivenda e era capaz de incorporarse, observando os axentes que se achaba sentada no chan da habitación, procedendo a levantala e deitándoa na cama, quedando baixo os coidados dun familiar, xa que rexeitou asistencia médica.

A mañá do día 24 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, que prestaba servizo pola Praza de Fonte do Rei, observa a unha persoa de avanzada idade tirada na rúa, posiblemente por unha caída casual, sendo auxiliada e requirindo a presenza dunha ambulancia, pois tiña feridas na cabeza, sendo trasladado ao HULA para a súa atención médica. Esta persoa camiñaba cun can que foi recollido polos axentes, sendo custodiado en dependencias policiais ata que se contactou coa familia que se fixo cargo do animal.

Noticias relacionadas