COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Martes, 26 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Presuntos malos tratos animais

O pasado día 8 de marzo, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a unha parroquia do Municipio de Lugo, xa que ao parecer había un cabalo atado e sen comer, que levaba así varios días.

Os axentes localizan o animal que se acha nunha leira, totalmente inmóbil e encolleito baixo a choiva, observando que  está atado por unha das patas dianteiras e estacado sen ningún tipo de mobilidade, motivo polo cal os axentes proceden a sacar o petisco de aceiro, cravado no chan ao que estaba atado o cabalo, liberándoo e trasladándoo a unha parte da leira onde había comida suficiente.

Os axentes realizan investigacións, logrando a identificación do propietario do animal, o cal presenta a documentación do este que coincide coa lectura do número de microchip realizada polos policías, non presentando o libro da explotación nin seguro do animal, polo que se levantan actas de denuncia por infraccións á Lei de Benestar Animal, relativas a manter o cabalo atado por unha das patas, impedíndolle toda liberdade de movementos, co consecuente risco de autolesionarse; manter ao animal atado sen alimento nin auga durante un tempo indeterminado, sen ter onde resgardarse en condicións adversas e non comunicar á autoridade competente o cambio do traslado do equino a outra provincia, xa que a explotación desta persoa atópase asentada nun municipio da Coruña. (foto).

Infracción á Lei de Benestar Animal

No día de onte unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, acode a unha vivenda da zona sur da cidade xa que segundo denuncian os veciños, un can atópase nunha terraza, continuamente atado e en estado de abandono polos seus donos.

Os axentes proceden á identificación da dona do can, a cal manifesta que carece de documentación do animal, observando os axentes que se atopa atado, aínda que en bo estado, polo que se levantan actas de denuncia pola carencia de documentación e de microchip e por non acharse inscrito no correspondente censo municipal de animais de compañía.

Noticias relacionadas