COMUNICADO DE PRENSA DO CONCELLO DE LUGO

Martes, 26 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DO CONCELLO DE LUGO

O Concello de Lugo informa de que o incendio acaecido esta mañá no poligono industrial de O Ceao non reviste perigo de estenderse ás naves lindeiras a esta hora. Os danos na nave localízanse principalmente nun elebador de vehículos, no turimo que contiña e nas oficinas adminsitrativas sitas na planta superior ata onde se propagaron as chamas, sen que se detecte risco estrutural ata o momento. Durante o suceso resultaron feridas de diferente consideración dúas persoas traballadoras.

O lume iniciouse cara ás 09.35 horas desta mañá e a mobilización de medios municipais foi inmediata. No lugar dos feitos traballan desde esa hora preto de 20 bombeiros, así como diversos vehículos de estinción asociados a estes equipos que dispuxeron de recursos materiais e hídricos necesarios en todo momento. Tamén coordinan os labores de seguridade na zona tres indicativos da Policía local, outras dotacións da Policía Nacional e membros do Servizo Municipal de Protección Civil. A falta de que se confirme na posterior investigación, a orixe do lume parece que estivo no cuarto de residuos.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, trasladouse á primeira hora da mañá ao polígono industrial de O Ceao para supervisar e facer seguimento dos traballos de extinción para os que se activou o nivel 1 do Platerga (Plan territorial de Emerxencias de Galicia) co obxectivo de que fosen mobilizados medios doutras localidades por se fose necesaria a súa intervención nalgún momento. Deste xeito, desprazáronse ao lugar dos feitos dotacións de bombeiros de Vilalba e de Sarria.

“O traballo dos bombeiros do parque de Lugo foi exemplar. A celeridade coa que articularon o dispositivo, en colaboración coa Policía Local e Nacional, permitiulles actuar con eficacia dispoñendo  de medios materiais e hidrícos suficientes, para evitar que as lapas alcanzasen as naves lindeiras”, sinalou a rexedora. 

Audio

 

Multimedia

  • COMUNICADO DE PRENSA DO CONCELLO DE LUGO
  • COMUNICADO DE PRENSA DO CONCELLO DE LUGO

Noticias relacionadas