COMUNICADO DE PRENSA DO CORPO DE BOMBEIROS

Martes, 29 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DO CORPO DE BOMBEIROS

No día de onte, tres efectivos do corpo de Bombeiros do Concello de Lugo, acudiron ao HULA tras recibir unha chamada do persoal do servizo de urxencias do hospital lucense xa que unha paciende de 21 anos acudiu derivada da PAC, pola incapacidade para extraer un anel de aceiro nun dedo dunha man, concretamente o cuarto dedo da man esquerda, a pesar dos múltiples esforzos levados a cabo polo persoal de urxencias, os sanitarios acudiron ao servizo dos bombeiros os cales conseguiron realizar a extracción do mesmo, dunha maneira existosa cun cortador de aneis, ferramenta adquirida recentemente polo Corpo de Bombeiros, rompendo o mesmo sin danos para a paciente.

Noticias relacionadas