A concellería de Benestar organiza no Paco Martín contacontos, baile, ximnasia e risoterapia para fomentar a convivencia interxeracional

O centro social foi aberto pola Alcaldesa lucense co fin de facilitar espazos e accións que faciliten unha maior convivencia  e socialización e entre veciñanza de todas as idades.

O prazo de inscrición para as actividades estará aberto do 13 ao 17 de marzo, podendo realizar a mesma no centro da Milagrosa, de 10.00 h. a 13.00 horas.

Sábado, 11 de marzo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Benestar organiza no Paco Martín contacontos, baile, ximnasia e risoterapia para fomentar a convivencia interxeracional

A concellería de Benestar Social, Inclusión e Persoas Maiores, que dirixe Olga López, desenvolverá obradoiros interxeracionais no Paco Martín, centro social que foi aberto pola alcaldesa, Lara Méndez, co fin de facilitar e potenciar unha maior socialización entre a veciñanza de todas as idades. Segundo a concelleira, o centro “xa é referencia polo seu carácter multifuncional e a existencia de espazos comúns nos que se fomenta a convivencia”-

López sinalaba que, “este programa pretende ofrecer moitas e variadas actividades co obxectivo de apostar por fomentar encontros interxeracionais porque é especialmente beneficioso e enriquecedor para a sociedade que tanto os maiores, como os nenos e a mocidade compartan actividades e saberes".

O prazo de inscrición será do 13 ao 17 de marzo, podendo realizar a mesma no centro de convivencia da Milagrosa de 10.00 h. a 13.00 horas.

A programación incluirá a celebración nos vindeiros meses de sesións de baile, contacontos, ximnasia tipo ioga e risoterapia familiar. Estas accións complementarán o uso libre do centro como punto de encontro de reunión da cidadanía, “xa que queremos que fagan súas as dependencias, tanto para reunións como para gozar a nivel individual”.

Actividades

Baile latino (merengue, chachachá) (14 prazas)

  • Os martes, de 19:00 h. ás 20:00 horas
  • Do día 21 de marzo ata o 30 de maio

Ioga en familia (15 prazas)

  • Os mércores, de 19:00 h. ás 20:00 horas
  • Do día 22 de marzo ata o 31 de maio

Contacontos, monicreques (15 prazas)

  • Os venres, de 17:00 ás 19:00 horas
  • Do 14 de abril ata o 26 de maio

Risoterapia familiar (15 prazas)

  • Os venres, de 19:00 ás 20:00 horas
  • Do día 24 de marzo ata o 26 de maio

Noticias relacionadas