A Concellería de Benestar ultima o traballo preparatorio para elaborar unha guía de intervención en casos de menores

Esta mañá persoal dos Servizos Sociais municipais e autonómicos concretaban, nunha reunión, os pasos definitivos para que esta ferramenta entre en funcionamento e se efectivicen así os recursos públicos axilizando, ademais, a tramitación dos expedientes

Venres, 21 de febreiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Concellería de Benestar ultima o traballo preparatorio para elaborar unha guía de intervención en casos de menores

edil de Benestar, Olga López Racamonde, mantivo hoxe unha das últimas reunións co persoal da Xunta de Galicia, Educación e do Servizo de Menores para elaborar unha guía de intervención para a atención a este colectivo.

Mellorar as prestacións existentes, efectivizar os recursos e axilizar os procedementos son algúns dos obxectivos que a concelleira pretende acadar con esta nova ferramenta.

Dende os Servizos Sociais solicitamos no mes de agosto iniciar este procedemento como unha das nosas prioridades de traballo, ao entender que todas as administracións competentes na materia debiamos unificar esforzos e operar dunha forma coordinada para gañar en axilidade, en beneficio da cidadanía”, indica Olga López.

No encontro desta mañá concretamos os últimos pasos a dar para materializar a guía e os protocolos de actuación, de maneira que poida entrar en funcionamento o máis axiña posible. Dende as primeiras xuntanzas todo o persoal fomos avaliando a necesidade de permitir que o fluxo de información dos expedientes que se manexan sexa constante entre tódolos organismos implicados na súa abordaxe, ao efecto de que non só se poidan priorizar as urxencias senón que tamén se poidan evitar listas de agarda innecesarias”, subliña a edil.

Así, conseguimos desenvolver, de forma conxunta, un traballo técnico continuado e, de xeito consensuado, determinamos tamén os procedementos que rexerán este tipo de intervencións co fin de poder ofrecer unha asistencia de calidade, rápida e eficaz”, concluíu a concelleira de Benestar.

Noticias relacionadas