Continúa a Mostra de Teatro Galego coa representación de Arte

Xoves, 26 de febreiro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A II Mostra de Teatro Galego. Xoves de Humor, organizada pola Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo, continúa esta tarde coa representación de Arte.

A Compañía Fulano, Mengano e Citano representarán esta historia cómica que xira entorno a unha obra de arte. Serxio merca un cadro en branco por unha enorme suma de diñeiro. Marcos, que odia a arte moderna non comprende como pudo facer tal cousa. O terceiro en aparecer en escea será Iván, o mediador no conflito que acaba metido no enredo.

Esta é a segunda obra deste ciclo que comezou o pasado xoves 19 de febreiro e  que rematará o vindeiro 5 de marzo coa representación da obra Aeroplanos.

As entradas poderán mercarse na taquilla do Auditorio Municipal Gustavo Freire  unha hora antes do espectáculo que comezará ás 20:30 horas. O importe das entradas será único: 5 euros.

Noticias relacionadas