Continúa o programa de Animación á lectura e contacontos na Biblioteca Municipal co Mago Rafa

Mércores, 23 de marzo de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Biblioteca Municipal acolle este xoves, día 24 de febreiro, unha nova actividade do programa de Animación á Lectura que se está a desenvolver ao longo deste primeiro trimestre do ano.

A partir das 19.00 horas, o Mago Rafa presentará “Momentos Máxicos”, unha montaxe fresca e actual, dunha hora de duración, onde a maxia máis divertida se mestura coas técnicas máis clásicas para ofrecer un espectáculo diferente onde a participación vai marcando o seu desenvolvemento. Esta actividade está recomendada para nenas e nenos maiores de sete anos.

As actividades do programa de Animación á Lectura son gratuítas, e celébranse os xoves ás 19:00 horas na Biblioteca Municipal. Debido á limitación do aforo (máximo 20 participantes) os pais e nais que desexen asistir deben retirar as invitacións na mesma Biblioteca. Para esta actividade xa están esgotadas todas as invitacións.

O programa de Animación á Lectura está deseñado especialmente para os máis pequenos, e busca fomentar o hábito da lectura a través de espectáculos de contacontos, obradoiros de monicreques, debuxo creativo e de creación literaria que tratan de estimular o gusto polos libros e a imaxinación dos máis cativos.

 

Multimedia

Noticias relacionadas