Continúa o programa de Animación á Lectura na Biblioteca Municipal

Mércores, 09 de febreiro de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Biblioteca Municipal acolle este xoves, día 10 de febreiro, unha nova actividade do programa de Animación á Lectura que se desenvolverá ao longo deste primeiro trimestre do ano. A partir das 19:00 horas, a contacontos Raquel Queizas achegará aos nenos contos, lendas e fábulas de diferentes culturas e protagonizadas pola natureza. Esta sesión de contacontos está recomendada para nenos maiores de tres anos.

As actividades do programa de Animación á Lectura son gratuítas, e celébranse os xoves ás 19:00 horas na Biblioteca Municipal. Debido á limitación do aforo (máximo 20 participantes) os pais e nais que desexen asistir deben retirar as invitacións na mesma Biblioteca.

O programa de Animación á Lectura está deseñado especialmente para os máis pequenos, e busca fomentar o hábito da lectura a través de espectáculos de contacontos, obradoiros de monicreques, debuxo creativo e de creación literaria que tratan de estimular o gusto polos libros e a imaxinación dos máis cativos.

Descargar obradoiros da biblioteca (arquivo PDF )

Coñece a Biblioteca Municipal

Multimedia

Noticias relacionadas