Cor, diversión e swing no Gran Concurso de Disfraces Infantil

Sábado, 02 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cor, diversión e swing no Gran Concurso de Disfraces Infantil

Cor, diversión e swing foron os elementos que destacaron este sábado á tarde no Gran Concurso de Disfraces Infantil, organizado polo Concello, que discorreu polas rúas Antón Fraguas, Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, Raíña e Praza Maior, no que o bo tempo acompañou aos participantes e ao numeroso público, que gozaron dunha marchosa sesión de música con Lola Vintage.

Como en anteriores edicións, foron tres as categorías deste certame: individual, con 10 participantes, por parellas (3) e comparsas (6), todas elas cun premio especial para participantes que empregaron material reciclado.

As concelleiras de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Benestar Social, Igualdade e Inclusión e Concello e Cidadanía, Carmen Basadre, Rosana Rielo, Ana Abelleira, respectivamente; e outros membros da Corporación Municipal presenciaron o desfile, cuxos gañadores e gañadoras foron os seguintes:

Individual

  • Premio disfrace reciclado (lote libros por 50,00 €): Dama antigua
  • 3º Premio (lote libros por 30,00 €): Unicornio
  • 2º Premio (lote libros por 40,00 €): Yo soy Gru
  • 1º Premio (lote libros por 50,00 €): Circo

Parella

  • 3º premio (lote libros por 50,00 €): Caperucita e o lobo
  • 2º Premio (lote libros por 60,00 €): Imos pa' feira
  • 1º Premio (lote libros por 75,00 €): The Mask Dance

Comparsas

  • Premio disfrace reciclado (lote libros por 150,00 €): Magic Circus
  • 3º Premio (lote libros por 100,00 €): Pompon Girls
  • 2º premio (lote libros por 120,00 €): Candy Pops
  • 1º Premio (lote libros por 150,00 €): A viaxe sonora

Noticias relacionadas