Cristina López anunciou a posta en marcha dun programa de verán para a conciliación familiar e a dinamización do casco histórico

As instalacións permanecerán abertas durante o verán, de luns a sábado, entre as 10:30 e as 13:30 horas

A anotación será directamente na zona de lecer e terá unha limitación de 12 persoas

Mércores, 17 de xullo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cristina López anunciou a posta en marcha dun programa de verán para a conciliación familiar e a dinamización do casco histórico

A edil de Participación e servizos para a Veciñanza, Cristina López, informou da apertura da zona de lecer da Praza de Abastos este sábado. López indicou que “este servizo funcionou durante o Nadal do ano pasado e dende aquelas permaneceu pechado.  Neste programa de verán, estará aberto de luns a venres para contribuír a dinamizar o centro e aumentar os servizos do Mercado Municipal e da Praza de Abastos”.

Esta instalación, que fora solicitada polo BNG no ano 2016, está orientada a nenos e nenas de entre 2 e 14 anos, e abrirá durante verán, de luns a sábado, entre as 10:30 e as 13:30 horas. As inscripcións realizaranse de xeito presencial na zona de lecer, asinando a autorización que entregarán os monitores, e terá unha limitación de 12 persoas.

“Moitas nenas e nenos poderían desfrutar deste espazo infantil mentres os pais e nais fan as compras no casco histórico”, indicou Cristina López, e engadiu, “os sábados son días nos que hai actividade económica e permitirase a mellor conciliación da vida familiar coas compras e incluso co traballo dalgunhas persoas que traballan no centro e non teñen onde deixar ás crianzas durante a xornada laboral”

Audio

Noticias relacionadas