El Show de Flipy chega a Lugo dentro do programa especial de Lugo10

Mércores, 13 de xaneiro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O venres 19 de febreiro o cómico actor, monologuista, guionista e produtor Enrique Pérez Vergara, coñecido mundialmente como FLIPY chega a Lugo para ofrecer o seu espectáculo El Show de Flipy.

Trátase dunha actuación englobada dentro do programa especial de Lugo10 organizado polo Concello de Lugo.

O espectáculo que terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire a partir das 20.30 horas, xira arredor do cómico televisivo. EL SHOW DE FLIPY é un divertimento, unha cita moi especial en aproximadamente setenta minutos co científico tolo do programa "El hormiguero".

O protagonista é pioneiro do xénero denominado stand up comedy en España. Non parou de subirse aos escenarios de toda a xeografía nacional e afrontar distintos retos en cine, televisión, publicidade e radio desde fai máis de dez anos.

As entradas estarán á venda a partir de mañá xoves 14 de xaneiro na taquilla telefónica de Caixanova 902 504 500 e na web www.caixanova.es a un prezo de 18, 16 e 14 euros segundo a zona.

Multimedia

Noticias relacionadas