Elixido o cartel anunciador do Arde Lucus MMXIV

Venres, 07 de marzo de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, deu a coñecer hoxe o cartel anunciador do Arde Lucus MMXIV.

O cartel que anunciará este ano a festa do Arde Lucus é obra de Vanesa Rivas Vilar, que o presentou baixo o título “Huellas del pasado”. A gañadora dos 1.000 euros cos que estaba dotado o primeiro premio do concurso convocado pola Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua é de Lugo e cursou estudos de Deseño de Interiores na Escola Ramón Falcón.

Por terceiro ano consecutivo, o cartel do Arde Lucus foi seleccionado nun concurso ó que se presentaron 69 propostas.

O gañador foi elixido polo xurado, que estivo formado por María Dolores de las Cuevas Revilla, José Reigosa Piñeiroa, Alfonso Rodríguez Castro e Adolfo de Abel Vilela, nunha reunión celebrada esta mañá na Casa da Xuventude.

O Arde Lucus XXMMIV, Festa de Interese Turístico Galego, celebrarase entre os días 13 e 15 de xuño.

Multimedia

Noticias relacionadas