Entregados os premios do Concurso de fotografía Olladas do San Froilán, organizado polo Concello de Lugo

Xoves, 01 de decembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Entregados os premios do Concurso de fotografía Olladas do San Froilán, organizado polo Concello de Lugo

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, fixo entrega este xoves no Salón de Comisións dos premios do Concurso de fotografía Olladas de San Froilán, que se celebrou este ano por primeira vez.

O primeiro premio, dotado con 750 euros, recaeu na fotografía Sobre el Backstage de María Penalonga, o segundo, dotado con 600 euros, foi para José Marcos López pola súa fotografía Un pé na Lúa, e finalmente o terceiro, cunha dotación de 450 euros, para a fotografía de Pedro Gerardo Ferreiro, San Froilán desde o Miño.

Un xurado profesional, composto polos fotógrafos profesionais José Reigosa, Jose Luis Pradero e Pepe Álvez, foi o encargado de escoller aos premiados, que recibiron vales para canxear por material fotográfico.

Noticias relacionadas