A Escola Municipal de Música celebra o vindeiro xoves o Concerto de Santa Icía

O concerto comezará ás 20 horas e celebrarase no auditorio do Vello Cárcere

Venres, 15 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Con motivo do día de Santa Icía, patroa da Música, a Escola Municipal de Música organiza o vindeiro xoves 21 o seu Concerto de Santa Icía, que comezará ás 20h no auditorio do Vello Cárcere. A edil de Cultura, Maite Ferreiro, animou a toda a veciñanza a acudir e “descubrir a gran calidade das músicas e músicos lucenses”.

Catro agrupacións da escola compartirán escenario, comezando co Grupo de Clarinetes e o Combo de Formación de Adultos, rematando co Grupo de Pandeireteiras e o Grupo Tradicional.

Audio

  • A edil de Cultura, Maite Ferreiro, sobre o Concerto de Santa Icía | Descargar mp3

Noticias relacionadas