Este domingo, nova visita guiada teatralizada polo Cemiterio Municipal

A asistencia a esta actividade de caracter familiar é gratuíta, pero para participar é preciso retirar invitacións, no Edificio de Novas Tecnoloxías, de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 21:00 horas de luns a venres, e de 17:00 a 21:00 horas, o sábado

Xoves, 16 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello ten preparada para este domingo, 19 de maio, a partir das 17:30 horas, unha nova visita guiada teatralizada polo Cemiterio Municipal de San Froilán, coa que a entidade local buscar dar a coñecer a historia deste espazo e da cidade a través dos ollos das personalidaes que descansan entre os seus muros, a través da intervención  teatral Quen ves sendo?, a cargo de Achádego Teatro. Nestas visitas, que arrincaron en febreiro, fanse paradas en distintos elementos destacados do camposanto.

Concretamente, esta visita xirará ao redor da tertulia que se montaba na Farmacia Figueroa, punto de encontro de literatos e poetas. Nela falarase, entre outros, de persoeiros como Uxío Novoneyra, Ánxel Fole ou Luis Pimentel.

A programación, que continúa o 23 de xuño, é unha aposta máis polo cemiterio, como un elemento turístico importante de Lugo e como un elemento de recoñecemento; pola historia e teatro.

A asistencia a esta actividade de caracter familiar é gratuíta, pero para participar é preciso retirar invitacións, que nesta ocasión se recollerán no Edificio de Novas Tecnoloxías, en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas de luns a venres, e de 17:00 a 21:00 horas, o sábado. Sen invitación non se permitirá o acceso ao recinto.

Noticias relacionadas