A feira medieval e unha exhibición de atletismo, pratos fortes da última mañá do San Froilán

As concelleiras e concelleiros da Tenencia de Alcaldía asistiron ás distintas actividades da última xornada de festas

Rubén Arroxo: "trátase de dúas actividades xa consolidadas no programa do San Froilán que son dous atractivos turísticos para Lugo"

Xoves, 12 de outubro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A feira medieval e unha exhibición de atletismo, pratos fortes da última mañá do San Froilán

As concelleiras e concelleiros da Tenencia de Alcaldía asistiron ás diversas actividades programadas para a mañá do 12 de outubro, última xornada das festas de San Froilán. Unha nova edición da Volta ao Medievo, a feira medieval que este ano celebra os 22 anos, e a exhibición Saltar na Rúa dan forma a unha mañá de San Froilán "que resume o programa das festas, actividades de calidade para distintos públicos que fan que todas as persoas que se acheguen á zona das festas poidan ter algo que ver ou facer", explicou Rubén Arroxo, tenente de alcaldesa do Concello de Lugo.

23 actividades dan forma ao programa de festas de hoxe, música, animación infantil, pasarrúas ou maxia animarán as rúas de toda a cidade ao longo do día. Ademais, a partir das 20:00, a praza da Mosqueira acollerá un espectáculo con humoristas recoñecidos, e durante todo o día, o punto de información turística da praza Maior agasallará insignias dos Pelúdez a todas as persoas que se acheguen.

Pola noite, os concertos de Rayden na praza Horta do Seminario xunto con Balkan Paradise Orchestra e Terrae en Santa María serán os encargados de pechar o San Froilán 2023.

Multimedia

  • A feira medieval e unha exhibición de atletismo, pratos fortes da última mañá do San Froilán
  • A feira medieval e unha exhibición de atletismo, pratos fortes da última mañá do San Froilán

Noticias relacionadas