Felipe Rivas anuncia novas actividades de xadrez na rúa continuando coa programación anual de xadrez da concellería de Educación

O Goberno de Lugo e a Asociación cultural Xaquedrum levan adiante esta proposta de promoción do xadrez nas rúas

Entre o 4 e o 29 de setembro, de 18 a 20 horas, poderá xogarse xogar ao xadrez na praza Maior de balde

 
Venres, 01 de setembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Felipe Rivas anuncia novas actividades de xadrez na rúa continuando coa programación anual de xadrez da concellería de Educación

O Goberno de Lugo xunto coa asociación cultural Xaquedrum organizan unha nova actividade de xadrez nas rúas para o mes de setembro. Felipe Rivas explicou que o Goberno de Lugo realiza estas actividades co obxectivo de “espertar a curiosidade  e o interese polo xadrez, achegando á toda a veciñanza as vantaxes que a súa práctica representa”.

Entre os días 4 e 29 de setembro, de 18 a 20 horas, habilitaranse na praza Maior acollerá taboleiros de xadrez para que todas as persoas que o desexen poidan xogar ao xadrez, xunto con monitores de Xaquedrum que axudarán a aprender o xogo ás persoas que non saiban xogar.

Felipe Rivas destacou “o grande interese que está a achegar o xadrez na poboación”, e engadiu “a práctica do xadrez supón un magnífico instrumento para adquirir unha maior axilidade mental e unha serie de habilidades sociais tales como a capacidade de concentración e de síntese, ademais de mellorar a memoria, o cálculo, a toma de decisións ou a creatividade”.

O Goberno de Lugo realizou ao longo do ano distintas actividades de xadrez, con torneos, actividades de promoción na rúa e actividades nas aulas para as e os estudantes.

Audio

Multimedia

  • Felipe Rivas anuncia novas actividades de xadrez na rúa continuando coa programación anual de xadrez da concellería de Educación

Noticias relacionadas