Finaliza o prazo para adquirir as entradas de Sabina por Internet

Venres, 08 de outubro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Hoxe venres, remata o prazo para adquirir as entradas a través de Internet para o concerto de Joaquín Sabina, que terá lugar o día 11 de outubro no Pazo Universitario. A partir de mañá, sábado día 9 de outubro, as entradas poderán adquirirse no centro comercial Carrefour e na axencia de viaxes Halcón. O prezo das entradas será de 30 euros.

O mesmo día do concerto, o luns día 11 de outubro, as entradas sobrantes poñeranse a venda no Pazo Universitario en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 22.00 horas a un prezo de 35 euros.

sanfroilan.info

 

Noticias relacionadas