Indicacións do servizo de enxeñaría da área de Mobilidade e Infraestruturas ao respecto da situación do aparcadoiro municipal do HULA

Martes, 05 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os bacheos correspondentes serán realizados pola empresa adxudicataria debido a que a obra aínda está en período de garantía. Ademais, os aparcadoiros realizados con este tipo de materiais requiren de mantementos periódicos.

A situación actual do aparcadoiro público é diferente da anterior. Antes das obras de acondicionamento que se levaron a cabo, formábanse rieiras e lameiras, que producían incluso que os vehículos quedasen atrapados e que algúns espazos para peóns fosen intransitables, mentres que coa calidade deste novo material, só se forman algunhas fochancas de tamaño reducido tamaño (inferiores a 1m x 1m). Ditas fochancas aparecen inevitablemente, dado que se trata de material granular. A aparición de fochancas en vías con tránsito elevado é propia incluso de vías de alta capacidade con capas de aglomerado en quente de gran espesor, polo que é normal que poidan aparecer ocasionalmente en firmes de zahorra con tránsito elevado. Ademais, a diferenciación  de cores que se realizou para delimitar a zona de estacionamento, evita o caos que se producía anteriormente.

A maiores disto, o servizo indica que o ideal sería poder usar material asfáltico, mais dada a clasificación urbanística do terreo, esta é a mellor das solucións. Noutras cidades existen aparcadoiros deste tipo, como son os existentes en terreos afectados pola protección de costas, os cales levan anos funcionando co mantemento correspondente.

Noticias relacionadas