Lara Méndez convida á cidadanía á recepción a Jorge Prado, que virá a Lugo a correr no Campionato Nacional no circuíto municipal

A Alcaldesa lucense puxo en valor as probas que se celebrarán este fin de semana, “que atraerá a nosa cidade a centos de afeccionado e que suporá un revulsivo económico”.

O piloto, que mantivo unha videoconferencia coa rexedora, amosou a súa ilusión por poder competir na súa casa e sostivo que é “un soño feito realidade”.

A recepción será na Casa Consistorial, o vindeiro venres ás 18.30 horas.

Luns, 20 de febreiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez convida á cidadanía á recepción a Jorge Prado, que virá a Lugo a correr no Campionato Nacional no circuíto municipal

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, pechou hoxe con Jorge Prado, que interveu por videoconferencia, os últimos flecos do Campionato de España de Motocros que se celebrará este fin de semana (días 25 e 26) no novo circuíto municipal que leva o seu nome. Na xuntanza estiveron tamén o concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto, e Miguel Ángel Vázquez, presidente de Motopark, concesionario do circuíto.

O piloto lucense virá a Lugo e será esta a única proba do Campionato de España onde participará.  Prado, que se amosou moi ilusionado por poder competir na súa casa, sostivo que é “un soño feito realidade”.

Neste senso, a rexedora puxo en valor a este deportista, “un referente para a mocidade”, así como o Campionato, que permitirá o regreso varios anos despois do mellor motocros nacional a Galicia, “e será na nosa cidade grazas á pista municipal pola que apostamos, un compromiso que adquirín con Jorge Prado e que sen dúbida atraerá a nosa cidade a centos de afeccionados, o que tamén suporá un revulsivo económico”.

Méndez aproveitou para trasladarlle a Prado o recoñecemento e cariño dos e das lucenses, e aproveitou para convidar á cidadanía a recepción que terá lugar no Concello de Lugo o vindeiro venres, ás 18.30 horas.

Pola súa banda,  Miguel Ángel Vázquez agradeceu a colaboración do Concello para que o circuíto Jorge Prado e anunciou que se xa se venderon máis de 1.300 localidades.

No Campionato participarán preto de 150 pilotos, entre eles pilotos galegos que se sitúan no top 10 nacional.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre o Campionato de España de Motocross | Descargar mp3
  • O piloto lucense, Jorge Prado, sobre o Campionato de España de Motocross | Descargar mp3

Multimedia

  • Lara Méndez convida á cidadanía á recepción a Jorge Prado, que virá a Lugo a correr no Campionato Nacional no circuíto municipal

Noticias relacionadas