Lara Méndez destinará este ano 2’3 millóns de euros á recuperación do tecido social a través do Plan Estratéxico de Subvencións

A área de Benestar disporá de 737.500 € para colaborar coas entidades e ofrecer axudas ao aluguer de vivenda ou á emerxencia social.

As achegas á defensa do benestar animal alcanzan 215.000 € a través dos convenios de colaboración que o Concello mantén coa Protectora de Animais e a Asociación Michos Lugo.

Arexedora lucense destaca “a necesidade de apoiar ao tecido asociativo local para afrontar con éxito a etapa de recuperación trala pandemia”.

Mércores, 16 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez destinará este ano 2’3 millóns de euros á recuperación do tecido social a través do Plan Estratéxico de Subvencións

O 2022 debe ser un ano clavepara a recuperación económica e social dos territorios trala pandemia”. Un obxectivo clave para o goberno de Lara Méndez dende que, hai xa dous anos, se decretara o Estado de Alarma pola chegada da COVID -19.

Dende o minuto un desta crise sanitaria levamos sumando esforzos para arroupar ao sectores produtivos do municipio, coa finalidade de manter os postos de traballo e a estabilidade salarial das familias, pero tamén para tecer, xa dende o inicio, a rede que nos permita superar e saír fornecidos desta etapa”, afirmou a rexedora.

Na procura desa meta, o executivo local está a articular medidas de dinamización e diversificación financeira da man, primeiro, dos Plans Reanima e Reactiva e, logo, da Estratexia Lugo Transforma, pero tamén a través de diferentes accións para impulsar o emprendemento eincluso conprogramas de formación para persoas desempregadas e mesmo dirixidos especificamente á xuventude.

Todo iso, sen desatender outro dos eixes vertebrais da administración como é brindar apoio aos colectivos e asociacións locais para que poidan continuar desenvolvendo o seu labor, solidario e sempre complementario das prestacións municipais, co fin de ampliar así o alcance das nosas políticas”, sinalou Lara Méndez.

Deste xeito, a alcaldesa deu a coñecer que a Xunta de Goberno Local validará esta semana a actualización da anualidade de 2022 prevista no Plan Estratéxico de Subvencións.

Un documento que Méndez cualificou de “ferramenta indispensable” para fomentar, promover e potenciar a participación da sociedade civil nos distintos ámbitos de xestión que son de interese xeral. “E que, dende que entrou en vigor está a servir tamén para darlle maior axilidade á xestión e pago das axudas”.

Dotado neste exercicio con 2.304.961 euros, este Plan representa a razón de ser do conxunto da actividade subvencional do Concello e persegue servir de guía para mellorar e racionalizar a súatramitación mediante a valoración de aspectos de transversalidade, eficacia e eficiencia das diferentes liñas de axuda facendo, á súa vez, especial fincapé na fiscalización posterior á concesión das mesmas.

A alcaldesa explicou que case un terzo da partida (737.500 ) se destinará ás axudas habilitadas pola área de Benestar para cooperar coas asociacións e ofrecer achegas directas para o aluguer de vivenda ou a emerxencia social e quixo destacar tamén, as subvenciónsdirixidasa fomentar a práctica do deporte base (321.000 €) e a contribuírá defensa do benestar animal, que neste caso alcanzan os 215.000 € e se canalizan a través dos convenios que o Concello mantén coa Protectora de Animais e a Asociación Michos Lugo.

Este exercicio cómpre incluír, así mesmo, a Fase XVI das subvencións en réxime de concorrencia para a rehabilitación do Casco Histórico de Lugo que se xestionarán dende Evislusa e disporán dunha partida de 430.061 € para favorecer a rexeneración do recinto amurallado da capital. Pola súa banda Cultura e Turismo contarán con136.800 € e Participación Cidadá de 67.500 €.

Audio

  • Lara Méndez, sobre o Plan Estratéxico de Subvencións | Descargar mp3
 

Noticias relacionadas