Lara Méndez e Miguel Couto visitaron o inmoble número 10 da rúa Montevideo sobre a que cae unha orde de execución de obras en colaboración co propietario

Adopción de medidas de seguridade e orde de execución de obras na parte posterior do inmoble número 10 da rúa Montevideo (carril das Estantigas)

Venres, 13 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez e Miguel Couto visitaron o inmoble número 10 da rúa Montevideo sobre a que cae unha orde de execución de obras en colaboración co propietario

Esta mañá, Lara Méndez, alcaldesa de Lugo acompañada polo concelleiro de Urbanismo sostible, Miguel Couto visitaron o inmoble número 10 da rúa Montevideo sobre a que cae unha orde de execución de obras na parte posterior do mesmo en colaboración co propietario da mesma.

O concelleiro de urbanismo, Miguel Couto, declara que” tendo en conta os informes presentados pola Policía Local sumados ós aportados polos servizos técnicos municipais e conforme ó disposto na lexislación vixente, para ditar a correspondente orde de execución de obras necesarias para conservar por parte dos seus propietarios as edificacións nas condicións que garanticen a seguridade, salubridade, accesibilidade universal, e con indicación do prazo de realización das obras por Decreto de Alcaldía de data do  23 de agosto de 2019, resolvimos ordenar á propiedade  que procedan de xeito inmediato e de conformidade co disposto na lexislación vixente, a execución das medidas de seguridade que figuran descritas no informe do Servizo de Arquitectura municipal do 8 de xullo de 2019”.

As medidas ás que fai alusión o edil son de seguridade necesarias para evitar danos na vía pública e edificacións lindeiras, así como dos ocupantes do inmoble, en ningún caso estas medidas permitirán a execución de obras que requiran a preceptiva licenza, pero si poderá proceder á retirada de elementos susceptibles de desprendemento así como proceder a apontoar a construcción.

Dende o Concello de Lugo informan que se ordenou executar as obras que figuran descritas no informe do Servizo de Arquitectura municipal do 8 de xullo de 2019, anteriormente transcrito e que se dan por reproducido a efectos de motivación desta resolución e unha vez recibido pola propiedade a notificación da antedita resolución, ésta personase nas oficinas municipais e manifesta que vai levar a cabo as actuacións con data do 13 de setembro de 2019 ás 9 horas, requerindo que se persone á Policía Local e a Nacional, pola posible presencia de ocupas no interior do local en relación co cal vai a adoptar as medidas.

Hoxe, venres 13,  tal e como estaba acordado personouse Lara Méndez no inmoble, Miguel Couto, concelleiro de urbanismo o propietario, además da Policia Local   e se levaron a cabo as actuacións requeridas.

Noticias relacionadas