Lara Méndez efectivizou esta mañá a toma de posesión de 13 Xefaturas de grupo e negociado que fornecerán a estrutura do persoal municipal

Mércores, 22 de febreiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez efectivizou esta mañá a toma de posesión de 13 Xefaturas de grupo e negociado que fornecerán a estrutura do persoal municipal

A rexedora de Lugo, Lara Méndez, acompañada pola edil de Gobernanza, Paula Alvarellos, efectivizaba esta mañá a toma de posesión de doce Xefas e un Xefe de grupo e negociado de diferentes servizos municipais.

O acto, celebrado no Salón de Plenos, culmina así o procedemento levado a cabo polo Executivo local para tratar de fornecer a estrutura do persoal municipal, dimensionando axeitadamente os recursos humanos cos que conta cada departamento.

A alcaldesa aproveitou para felicitar ás e a ao novo Xefe de grupo polos seus nomeamentos, agradecéndolles o labor realizado ata a data nos postos que viñan desempeñando, ao tempo que subliñou a “importancia de avanzar na cobertura destas prazas, de maior rango xerárquico, que redundará nunha mellora da capacidade organizativa, tanto do traballo como dos efectivos de cada sección, e que contribuirán, en definitiva, a optimizar a atención cidadá e a xestión pública”, subliñou Lara Méndez.

POSTO

ADXUDICATARIO/A

Xefa de grupo de Aministración Municipal Secretaría Xeral

M.ª Ángeles Rico

Xefa de grupo de Actas XGL Secretaría Xeral

Celeste Vázquez

Xefa de grupo de Planeamento

Pilar Rodríguez

Xefa de negociado de Disciplina

Mercedes López

Xefa de grupo de Cultura

M.ª Nieves Mourenza

Xefa de grupo do Órgano de Xestión Econ. e Financieira

M.ª Ascensión Rodríguez

Xefa de grupo de Facenda Local

M.ª Elena Rodríguez

Xefa de grupo de Facenda Local

Sandra Barcía

Xefa do Negociado do Padrón de Augas

Eva M.ª Seonae

Xefa de grupo de Desenvolvemento Local

M.ª Luisa Meilán

Xefe do grupo de Rexistro

José Ángel Vidal

Xefa do Negociado de Estatística

Ana Isabel Martínez

Xefa de grupo de Estatística

M.ª Ángeles Castro

Noticias relacionadas