Lara Méndez: “O premio Street Art Cities 2021 ao mural de Diego As eleva a icona do Arde Lucus e da cidade a símbolo mundial”

A rexedora celebrará unha recepción esta tarde ao artista para trasladarlle o recoñecemento de toda a cidade ao seu talento e a súa obra.

Luns, 14 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez: “O premio Street Art Cities 2021 ao mural de Diego As eleva a icona do Arde Lucus e da cidade a símbolo mundial”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez,  felicitou ao lucense Diego As polo recoñecemento do graffiti de Julio César como o mellor do mundo no 2021 concedido pola comunidade Street Art Cities, a máis importante no seu ámbito. “Esta obra, que encargamos para celebrar o 20 aniversario do Arde Lvcvs e que enseguida se converteu nun icona da cidade e desta festa de recreación histórica, e xa un símbolo de mellor arte urbana no ámbito internacional”, sostivo a rexedora.

A obra, elaborada por Diego As –campión de España de graffiti–, xa fóra seleccionada no pasado agosto como a mellor dese mes polos votantes do Street Art Cities. Nesta ocasión, competía con outros cen graffitis, nunha edición que foi todo un éxito ao votar máis de 60.000 persoas.

A alcaldesa lembrou que “estamos agora a traballar na elaboración dun mural que represente tamén o noso pasado castrexo para esta edición, coa que tamén queremos que a cidade vexa recoñecida a súa historia e a cultura do noso pobo”. Este mural, aclarou, “será tamén, estamos seguros, todo un referente na arte urbana”.

Lara Méndez ofrecerá esta tarde unha recepción oficial para trasladar os parabéns ao artista en nome de toda a cidadanía lucense.

A rexedora lembrou que o Goberno local leva impulsando a arte urbana desde o 2009, como “unha forma de expresión que non só embelece a cidade, senón que nos permite enxalzar ideas, valores e colectivos”. A rúa do Esquecemento foi un dos lugares elixidos para programar actividades e talleres de graffiti nos que os mozos e mozas participaron nas obras e compartiron experiencias cunha representación das e dos artistas máis puxantes de Lugo e Galicia.

En abril de 2021, Diego AS xa fora galardoado como campión das Graffiti Battles da Liga Nacional de Graffiti.

Audio

Multimedia

  • Lara Méndez: “O premio Street Art Cities 2021 ao mural de Diego As eleva a icona do Arde Lucus e da cidade a símbolo mundial”

Noticias relacionadas