Lectura de poemas e fotografía no Vello Cárcere en homenaxe a Fiz Vergara

Martes, 12 de decembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lectura de poemas e fotografía no Vello Cárcere en homenaxe a Fiz Vergara

O Vello Cárcere acolleu este martes unha homenaxe ao poeta Fiz Vergara Vilariño, con motivo dos 20 anos do seu pasamento. No acto, ao que acudiu o Voceiro Municipal, Miguel Fernández, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, distintos colectivos de persoas con diversidade funcional, amigos do poeta e familiares leron composicións do autor.

O Concello colabora con Auxilia nesta iniciativa, que tamén incluíu a inauguración da exposición Todos somos modelos de PREDIF Galicia. 

Multimedia

  • Lectura de poemas e fotografía no Vello Cárcere en homenaxe a Fiz Vergara

Noticias relacionadas