Lugo acollerá este sábado os Campionatos Galegos de Loitas Olímpicas co apoio do Concello

O edil Jorge Bustos participou este mércores na presentación do evento, no que participarán máis de 200 deportistas de 25 clubes das catro provincias galegas.

Mércores, 14 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo acollerá este sábado os Campionatos Galegos de Loitas Olímpicas co apoio do Concello

O concelleiro de Deportes, Jorge Bustos, participou este mércores na presentación dos Campionatos Galegos de Loitas Olimpicas que terán lugar en Lugo este sábado, 17 de febreiro. O Pazo Provincial dos Deportes, será a sede dos torneos, que serán selectivos para participar nos campionatos de España das diferentes modalidades:

  • Cto. Galego U13 e U17 de Loitas Olímpicas: 10:45 a 13:30 horas.
  • Cto. Galego de Sambo: de 16:45 a 20:00 horas.
  • Cto. Galego de Grappling e Gi: de 16:45 a 20:00 horas.

A Competición terá lugar en 4 tapices oficiais de Loita, para atender aos máis de 200 deportistas que tomarán parte neste evento.

“É a primeira vez que Lugo acolle un evento de este nivel e características, coorganizado entre a Federación Galega de Loitas Olímpicas e o Club de Loita Lugo”, explicou o edil, quen explicou que “a competición será retransmitida en streaming, a través da plataforma Zenytsports, co que abriremos o evento e a cidade de Lugo aos afeccionados a estas tres disciplinas”.

O Colexio Galego de Árbitros, dirixirá a competición. Este colexio, destaca a nivel nacional pola cantidade de árbitros que ascenderon a nivel nacional e polo número de mulleres involucradas no arbitraxe: Galicia está sendo un referente nacional na xestión do arbitraxe.

Participarán un total de 25 clubes que representarán as 4 provincias Galegas. “Os maiores talentos Galegos, daranse cita en Lugo o sábado 17 de Febreiro”, concluíu Bustos.

Multimedia

  • Lugo acollerá este sábado os Campionatos Galegos de Loitas Olímpicas co apoio do Concello

Noticias relacionadas