Máis de 1200 persoas rexistradas no Circuito Corre con Nós a un día do peche da listaxe

O vindeiro sábado 10 de febreiro, a partir das 20 horas e como proba nocturna, celébrase na contorna de Ramón Ferreiro a primeira carreira do ano.

Desde o proximo xoves dia 8 de febreiro e ata o mesmo dia da proba, as persoas participantes poderan recoller o seu dorsal e o seu chip na tenda oficial do evento, Inter Sport Lugo.

Sábado, 03 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Máis de 1200 persoas rexistradas no Circuito Corre con Nós a un día do peche da listaxe

Este vindeiro domingo 4 de febreiro as 23:59 horas pecha o prazo de inscrición para a primeira proba do XXII Circuito Larsa Corre Con Nós 2024 que se celebrará o vindeiro sábado 10 de febreiro no circuito da Avenida Ramón Ferreiro, con saida e chegada na Praza Horta do Seminario. A falta de horas para este peche, a Concellería de Deportes conta con máis de 1200 atletas inscritos/as entre todas as categorias.

Como consecuencia da celebración o mesmo día da carreira do Concurso de Disfraces Infantil, que terá lugar ás 17 horas e no que se prevé que participen un gran numero crianzas asiduas ás carreiras do Corre con Nós acompañadas dos seus pais ou nais, a organización determinou retrasar os horarios do inicio desta proba nocturna. Deste xeito, o horario definitivo das probas será o seguinte:

  • 1. MINI (2017-2019)  Saída ás 20:00  horas.
  • 2. SUB12 (2013-2014)-SUB10 (2015-2016) Saída ás 20:05 horas.
  • 3. SUB16 (2009-2010)-SUB14 (2011-2012) Saída ás 20:15 horas.
  • 4. PERSOAS ADULTAS (2008 e anteriores) Saída ás 20:30 horas.

A partir do proximo xoves dia 8 de Febreiro e ata o mesmo dia da carreira,  as persoas participantes poderan recoller o seu dorsal e o seu chip na tenda oficial do evento, Inter Sport Lugo. Unha vez rematado o período de rexistro, todas aquelas persoas incluidas no circuito, poderán participar no resto de probas do Corre con Nós 2024, xa que, conservando o seu dorsal e o seu chip, simplemente deberan de estar atentos ós horarios e situacións dos proximos eventos para poder achegandose a liña de saida.

Multimedia

  • Máis de 1200 persoas rexistradas no Circuito Corre con Nós a un día do peche da listaxe

Noticias relacionadas