A Concellería de Xuventude e Deportes presenta o XXII Circuíto LARSA CORRE CON NÓS 2024

A carreira ofrecerá 6 probas ata xuño. A primeira será o 10 de febreiro, cun percorrido nocturno polo centro da cidade e as restantes discorrerán polos barrios da capital.

Máis de 700 persoas se incribiron xa na competición cuxa información pode consultarse na web https://correconnos.com/

Venres, 26 de xaneiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Concellería de Xuventude e Deportes presenta o XXII Circuíto LARSA CORRE CON NÓS 2024

A Concelleria de Xuventude e Deportes que dirixe Jorge Bustos presentou esta mañá unha nova edicion do Circuíto Larsa Corre con Nós 2024 que mantén o apoio do grupo LARSA como patrocinador principal durante os últimos 16 anos.

No acto, que tivo lugar nas instalacións que a factoría ten preto da cidade, o edil estivo acompañado pola responsable de Marketing de Larsa, Ana Rodriguez Grande.

Circuíto Larsa Corre con Nós 2024 abría o pasado luns o período de inscricións  a través da páxina web www.correconnos.com  na que se aloxa toda a información da competición que contará novamente con 6 probas  que percorrerán  distintos barrios lucenses.

A primeira delas, como vén sendo habitual na cita inagural desta carreira popular lucense, será nocturna polo centro da cidade e terá lugar o vindeiro bado 10 de Febreiro. “Con ela daremos  o pistoletazo inicial a esta tempada atlética na capital, logo de que no mes de decembro se celebrase xa a XX edición da Lugo Monumental”, lembrou Jorge Bustos.

O responsable de Deportes sinalou tamén que haberá duas probas máis no mes de marzo e as tres seguintes serán en abril e maio rematando o circuíto no mes de xuño para completar as seis probas que inclúe.

“Dende a organización analízase agora un posible cambio de trazado nalgunha das carreiras - que será anunciado no seu momento - para dar un maior protagonismo aos diferentes barrios da cidade polos que transcorre pero tamén para modernizar e actualizar os percorridos”, avanzou.

Bustos adiantou tamén que, “a estas alturas o circuíto xa conta con 700 persoas inscritas en todas as categorías e para participar nas diversas probas que se convocarán nos próximos 5 meses” e recordou que a tempada pasada houbo un total de 1850 participantes (1197 homes e 653 mulleres), nas categorías de Minis (225); 10/12 anos (269); 14/16 anos (118) e Adultos (1.238)

Durante a presentación de hoxe houbo tamén un recoñecemento aos colaboradores que fan posible o Larsa Corre con Nós organizado polo Concello de Lugo entre os que figuran empresas como Coca Cola, Caixa Rural Galega, Centro Comercial As Termas, Inter Sport , Be One, Saul Nutricion, todo baixo a protección e colaboración de Cruz Vermella, Policia Local.

O prazo para anotarse na primeira proba remata o domingo 4 de febreiro e toda a información  pode consultarse no seguinte enderezo electrónico https://correconnos.com/

Multimedia

  • A Concellería de Xuventude e Deportes presenta o XXII Circuíto LARSA CORRE CON NÓS 2024

Noticias relacionadas