Lugo estrea dúas novas exposicións esta semana, no MIHL e no Vello Cárcere, organizadas polo Concello

A primeira delas é Visións de Lugo, unha recompilación dunhas 20 obras do Certame de Pintura Rápida que organiza anualmente o Concello, pertencentes á edición do 2017 e do 2018. Inaugurarase este xoves, ás 19:30 horas, no MIHL

A segunda é Ha(v)belas, 7 mulleres que falan a través da arte. A inauguración será o día 1 de marzo, ás 19:00 horas no Vello Cárcere. O último día da mostra, o 31 de marzo, ás 13:00 horas, haberá un concerto, a cargo de Ruth León

Luns, 25 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo estrea dúas novas exposicións esta semana, no MIHL e no Vello Cárcere, organizadas polo Concello

Lugo estrea dúas novas exposicións esta semana, no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) e no Vello Cárcere, organizadas polo Concello. Así o avanzou este luns a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, quen convidou á cidadanía a sumarse a ambos os dous actos culturais.

A primeira delas é Visións de Lugo, unha recompilación dunhas 20 obras do Certame de Pintura Rápida ao aire libre Cidade de Lugo que organiza anualmente o Concello, pertencentes á edición do 2017 e do 2018. Inaugurarase o xoves, 28 de febreiro, ás 19:30 horas no MIHL, e poderá visitarse de martes a sábados, de 11:30 horas a 13:30 horas en xornada de mañá, e de 17:00 a 219:30 horas, en quenda de tarde; e os domingos de 17:00 a 20:00 horas.

A segunda é Ha(v)belas, 7 mulleres que falan a través da arte. A inauguración será o día 1 de marzo, ás 19:00 horas no Vello Cárcere. Esta mostra xorde coa idea de visibilizar publicamente a actividade artística das mulleres lucenses, atendendo a un marco multidisciplinar que comprende a pintura, a fotografía, a ilustración, a escultura e o gravado. Ha(v)belas quere contribuír tamén á ocupación real, simbólica e necesaria por parte das mulleres, do espazo cultural en termos de igualdade, no camiño de axudar á súa democratización e á toma de conciencia por parte da cidadanía, que pasa necesariamente por accións encamiñadas, tamén no eido cultural, a favorecer a consecución da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Nela participan Alba Díaz, maestra do ensino público e fotógrafa, Anusca, artista ocasional lucense, Bego Pérez, fotógrafa profesional en Lugo; Camino Casabella impulsora do proxecto Heroínas de Tódolos Días, Isabel Somoza, que leva 20 anos á fornte do centro de gravado Augatinta, e as ilustradoras María Mata e Susana Vilanova.

Ha(v)belas, 7 mulleres que falan a través da arte, poderase visitar todos os días da semana ata o 31 de marzo en xornada de mañá, de 11:00 a 14:00 horas, e en xornada de tarde, de 17:30 a 20:30 horas os martes, mércores e domingos; de 17:30 a 23:00 horas os xoves e venres, e de 17:30 a 22:30 horas os sábados. O último día, ás 13:00 horas, para a súa clausura haberá un concerto, a cargo de Ruth León.

Audio

Noticias relacionadas