Maite Ferreiro participa na inauguración da Feira do 48, organizada por Cántigas e Frores

A feira celébrase esta fin de semana na Canella do Hospital, adaptada á situación sanitaria actual

Sábado, 12 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro participa na inauguración da Feira do 48, organizada por Cántigas e Frores
Quedou inaugurada a  A Feira do 48 que por terceiro ano consecutivo organiza a Asociación Cultural “Cántigas e Frores”. Nesta ocasión, debido ás medidas adoptadas pola crise da COVID-19, celebrarase na Canella do Hospital durante o sábado 12 e domingo 13 de setembro. Nesta ocasión o pregón correu a cargo de Xulio Xiz, e contou coa presenza de Maite Ferreiro en representación do Concello de Lugo.
 
Este sábado poderá desfrutarse do concerto do Grupo de Cantareiras de Cántigas e Frores a partir das 12:48, e pola tarde contarase coa Actuación do grupo de baile de Cántigas e Frores ás 18:48, ademais dos concertos de Xermán Díaz e Benxamín Otero ás 19:48 e do Grupo de Cantareiras da AC Mámoa de Luou ás 20:48.
 
A xornada do Domingo comezará ás 11:48 co pasarrúas do Cuarteto de Gaitas de Cántigas e Frores ás 11:48, seguido do Concerto da Banda de Gaitas e Percusión de Cántigas e Frores ás 12:48. O programa para a tarde inclúe tres concertos: a Murga de Cántigas e Frores ás 18:48 Tango en Xan3iro ás 19:48 e o peche co Grupo de Cantareiros de Cántigas e Frores ás 20:48.
 
Para asistir aos concertos e controlar a cabida será obrigatorio reservar asento previamente enviando un correo electrónico a cantigasefrores1948@gmail.com.

Noticias relacionadas