Maite Ferreiro presenta, xunto con grupos de Lugo, o cartaz da semana cultural do San Froilán

“As obras recibidas demostran que Lugo ten unha grande potencia artística”, afirmou Maite Ferreiro

A edil de Cultura informou dos concertos que terán lugar nos recintos de Agro do Rolo e no Castiñeiro

Martes, 29 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro presenta, xunto con grupos de Lugo, o cartaz da semana cultural do San Froilán

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua presentou, xunto con grupos de Lugo, o cartaz da semana cultural do San Froilán deste ano. O xurado, formado por Esther Muñoz Mena, directora da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, Iago Eireos Franco, artista lucense licenciado en Belas Artes e Iván Mouronte Barreiro ilustrador e deseñador gráfico, escolleron a obra de Codés Lillo Irimia entre as 57 concursantes pola súa calidade no deseño. Maite Ferreiro agradeceu “a todas as participantes no concurso a súa implicación” e afirmou que “das obras recibidas tanto neste concurso como no resto de certames que organizamos durante todo o ano podemos afirmar que Lugo ten unha grande potencia artística”.

 A edil de Cultura presentou a imaxe da semana cultural xunto con representantes dos grupos de Lugo, “os protagonistas desta programación especial”, segundo afirmou Maite Ferreiro

Concertos Agro do Rolo e Castiñeiro

Domingo 4

  • 19:00 – Agro do Rolo – Espazo Hip Hop
  • 21:00 – Castiñeiro – Zeltia

Luns 5

  • 13:00 – Agro do Rolo - Untides
  • 13:00 – Castiñeiro – Forget La France
  • 21:00 – Agro do Rolo – Verbena Galega D’antes
  • 21:00 – Castiñeiro – Zeltia

Martes 6

  • 21:00 – Agro do Rolo – Infrarroja
  • 21:00 – Castiñeiro – Galyrion

Mércores 7

  • 21:00 – Agro do Rolo – Volta do Agro
  • 21:00 – Castiñeiro – Branca Villares e Pablo Pintor

Xoves 8

  • 21:00 – Agro do Rolo – El Nahual
  • 21:00 – Castiñeiro – Conducto Coloquio

Venres 9

  • 21:00 – Agro do Rolo – Tito Ramírez
  • 21:00 – Castiñeiro – IV Concurso Miss Deusa

Sábado 10

  • 13:00 – Castiñeiro – Caivanca
  • 21:00 – Agro do Rolo – Sanfroidance
  • 21:00 – Castiñeiro – Tito Ramírez

Domingo 11

  • 13:00 – Agro do Rolo – Minton’s Jazz
  • 13:00 – Castiñeiro – Mesa para Dous
  • 21:00 – Agro Do Rolo – Moura
  • 21:00 – Castiñeiro – Caamaño e Ameixeiras

Luns 12

  • 13:00 – Agro do Rolo – Sound Sisters
  • 13:00 – Castiñeiro – Via Per Loka
  • 21:00 – Agro do Rolo – A Banda da Loba
  • 21:00 – Castiñeiro - Xoana

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre o cartaz do San Froilán | Descargar mp3

Multimedia

  • Maite Ferreiro presenta, xunto con grupos de Lugo, o cartaz da semana cultural do San Froilán

Noticias relacionadas