Medio Rural inicia os traballos de acondicionamento dunha estrada municipal en Camoira

Esta actuación conta cun orzamento de 27.000 euros, e está enmarcada dentro do Plan Único Provincial de Cooperación cos Concellos do ano 2021.

Xoves, 03 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Rural inicia os traballos de acondicionamento dunha estrada municipal en Camoira

O tenente de alcaldesa e responsable da área de Medio Rural, Miguel Fernández, supervisou o inicio dos traballos de acondicionamento dunha estrada municipal en Camoira, que vai dende a igrexa desta parroquia ata o núcleo de Maira.

Esta actuación conta cun orzamento de 27.000 euros, e está enmarcada dentro do Plan Único Provincial de Cooperación cos Concellos do ano 2021. A mesma beneficiará e dará resposta ás peticións realizadas pola veciñanza desta parroquia.

As tarefas consisten na reposición do firme con aglomerado en quente, a limpeza de cunetas para facilitar a circulación das augas e a sinalización horizontal e vertical.

Miguel Fernández destacou que “estas actuacións enmárcanse na decidida aposta do Concello polo rural, mellorando os servizos e a calidade de vida dos veciños e veciñas, obras moi necesarias, que melloraran a seguridade desta vía municipal nos desprazamentos diarios”.

Audio

  • O edil de Medio Rural, Miguel Fernández, sobre a estrada municipal en Camoira | Descargar mp3

Multimedia

  • Medio Rural inicia os traballos de acondicionamento dunha estrada municipal en Camoira

Noticias relacionadas