Medio Rural inviste 221.000 euros na mellora das infraestruturas viarias de seis parroquias municipais

As obras consisten, fundamentalmente, no aglomerado en quente da estrada así como na limpeza de cunetas e instalación de sinalización horizontal e vertical

Sábado, 13 de xuño de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Rural inviste 221.000 euros na mellora das infraestruturas viarias de seis parroquias municipais

O goberno de Lara Méndez, dende a área de Medio Rural que dirixe Miguel Fernández, iniciou esta mesma semana as obras de aglomerado en quente en diferentes vías municipais de seis parroquias do rural.

“Trátase concretamente da LU-612 ao campo da festa en Piugos; da LU-234 ao limite do concello con Outeiro de Rei (parroquia de Bocamaos); en Esperante, en Santo Matías (parroquia de O Veral), entre a LU-612 e o núcleo de Argonde en San Xoan do Campo e en Pena da Mula e Pontegaos, cun investimento total que ascende a 220.994 euro”, detallou o edil.

Os traballos, que teñen un prazo de execución dun mes e serán financiadas con cargo ao Plan Único e ao Suplemento de Crédito Municipal, consisten no arranxo e limpeza de cunetas, o aglomerado en quente do firme, o pintado das beiras así como a construción de bases de colectores e a instalación de sinalización tanto vertical como horizontal.

Miguel Fernández destacou que estas intervencións súmanse a outras xa desenvolvidas, “nunha aposta decidida do Concello polo rural e para dotar á súa veciñanza de servizos básicos e indispensables como é a seguridade durante os seus desprazamentos polas estradas municipais”, indicou.

Audio

  • O edil de Medio Rural, Miguel Fernández, sobre as obras das 6 parroquias do rural | Descargar mp3

Noticias relacionadas