Miguel Couto revisa os avances na urbanización que promove a empresa local Aventose

Miguel Couto aclara que “Actualmente, as obras de urbanización están avanzadas e en breve, iniciarase a execución da rotonda na Avda. Infanta Elena.”

Venres, 30 de agosto de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Couto revisa os avances na urbanización que promove a empresa local Aventose

Miguel Couto, responsable da área de Urbanismo do Concello de Lugo, estivo esta maña  revisando os avances da urbanización que promove a empresa local Aventose localizada ó Norte de Lugo en plena Avda. Infanta Elena, en fronte ao Centro Comercial de As Termas, próxima ao futuro Barrio Multi-ecolóxico e á parcela onde se levantará o edificio “Impulso Verde”, que creará un foco atractivo de actividade na zona.

 A superficie bruta é de 24.634,11 m², sendo 15.353,84 m² de uso lucrativo dividido en catro parcelas. Miguel Couto recalca que “Os traballos máis destacados que se van a realizar son os de completar o desdobramento na marxe dereita da Avenida Infanta Elena, Duquesa de Lugo comprendido entre a Glorieta 25 de Novembro e a futura rotonda á altura da residencia de maiores Abeiro Gold, así como urbanizar esta rotonda garantindo o tránsito rodado e o peonil na marxe dereita”.

 Para o desenvolvemento do presente proxecto tívose moi presente o peón sexa o protagonista, seguido dos medios de transporte non motorizados e seguidamente o transporte público sen esquecernos do vehículo privado.

 Deuse continuidade a través do Polígono o itinerario do carril bici e tivéronse en conta os parámetros establecidos para o establecemento de seccións tipo, beirarrúas con ancho superior a 2,50 m en avenidas, carrís con tránsito de bus e vehículos pesados, ancho 3,25 m, carril de bicicletas en dous sentidos, ancho 3,00 m, segregación de carril bicicleta de calzada por elementos específicos.

 Miguel Couto aclara que “Actualmente, as obras de urbanización están avanzadas e en breve, iniciarase a execución da rotonda na Avda. Infanta Elena.”

Noticias relacionadas