Miguel Fernández participa na presentación do XIV Salón Internacional do Cabalo de Galicia

Mércores, 06 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernández participa na presentación do XIV Salón Internacional do Cabalo de Galicia

O tenente de alcaldesa e concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández asistiu esta maña, na Deputación de Lugo á presentación de Equigal 2021.

"Equigal converte cada ano a Lugo na capital do cabalo de Galicia e mesmo de España, pois danse cita xinetes e eguadas de renome nas competicións e acolle actividades para todo tipo de públicos que atraen a milleiros de persoas, sinalou o edil ao tempo que aproveitou para dar “os parabéns aos organizadores por acadar a 14ª edición do Salón Internacional do Cabalo de Galicia Equigal, unha cita imprescindible xa para os amantes do cabalo en particular, e dos animais en xeral. Non é fácil chegar ata aquí, por iso, parabéns, e ánimo para seguir adiante".

EQUIGAL

Salón Internacional do Cabalo de Galicia", abrirá as súas portas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo do 2 ao 3, e do 8 ao 10 e do 15 ao 17 de outubro de 2021. Este salón vai contar cun Concurso de Cabalos de Pura Raza Árabe, un Concurso de Cabalos e Eguas de Pura Raza Española puntuable para o campionato del mundo A.N.C.C.E. e un Concurso de Salto de Obstáculos Cidade de Lugo.

Noticias relacionadas