Nova cita cos cogomelos en Lugo: o 11 de novembro no colexio Rosalía de Castro

Carmen Basadre e Julián Alonso presentaron a XVII Exposición de Cogomelos, que se poderá ver en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas. A entrada é de balde

Venres, 26 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Nova cita cos cogomelos en Lugo: o 11 de novembro no colexio Rosalía de Castro

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, Julián Alonso, presentaron este venres, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a XVII Exposición de Cogomelos, que un ano máis acollerá o Colexio de Rosalía o Castro.

Esta nova edición será o domingo 11 de novembro, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas. A entrada é de balde. Nela poderanse ver sobre unhas 200 especies de cogomelos da contorna de Lugo.

No acto de presentación, Carmen Basadre subliñou o labor que vén realizando ao longo de todo o ano a Sociedade Micolóxica Lucus, promovendo diversas iniciativas para a posta en valor da micoloxía e dando a coñecer distintas ensinanzas para recollida dos cogomelos, sempre respectuosa co medio ambiente. A edil convidou á cidadanía a achegarse a ver a exposición "chea de contidos, cores e diversidade".

Pola súa banda, Julián Alonso agradeceu "a colaboración que sempre ten o Concello", con esta iniciativa, unha das actividades centrais do colectivo en outono. Tal e como explicou, a exposición inclúe indicacións de cada un dos exemplares e un recuncho para os máis pequenos e pequenas, ademais dunha presentación cíclica.

Audio

Noticias relacionadas