Nova edición do mercado solidario de Diversiarte, no que se poden atopar agasallos feitos a man polas asociacións do eido social de Lugo

O feira solidaria, organizada polo Executivo de Lara Méndez en colaboración cos distintos colectivos, abrirá do 14 ao 16 deste mes na Horta do Seminario.

A alcaldesa e a concelleira de Benestar participaron hoxe na lectura do manifesto con motivo do Día da Discapacidade que levou por lema “Sostén os meus dereitos”.

Venres, 02 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Nova edición do mercado solidario de Diversiarte, no que se poden atopar agasallos feitos a man polas asociacións do eido social de Lugo

A Horta do Seminario acollerá os días 14, 15 e 16 de decembro a XVI edición da Feira Solidaria Diversiarte, cita que organiza a concellería de Benestar Social en colaboración coas distintas asociacións do eido social de Lugo para recaudar fondos para as entidades. O horario será de 11.00 h. a 14.00 h. e de 17.00 h. a 20.00 h. durante os tres días.

Así o anunciou hoxe a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, na lectura do manifesto polo Día da Discapacidade, que se conmemora cada 3 de decembro, pero que nesta ocasión se adiantou un día por corresponder en sábado

Con esta feira se quere facer máis visible o traballo que realizan estas entidades. A veciñanza poderá aproveitar para adquirir os seus agasallos de Nadal sendo solidarios cos colectivos. "Todos os produtos son orixinais e moitos deles feitos a man polos usuarios e usuarias das diferentes asociacións que estiveron traballando durante todo o ano", sostivo Lara Méndez, que animou a cidadanía e achegarse ata Diversiarte. Ademais, quixo resaltar o "carácter ecolóxico" deste mercado xa que "moitos deles están elaborados con envases de plástico, vidro, papel ou cartón aos que se lles deu unha segunda vida".

“Diversiarte é unha mostra máis do compromiso que temos coas asociacións e na loita continuada por unha inclusión real e efectiva”, sinalou Olga López.

Na lectura do manifesto, que levou por lema “Sostén os meus dereitos.  Pola sostibilidade dos apoios ás persoas con discapacidade e as súas familias”, e naposterior presentación de Diversiarte estiveron presentes representantes dos diferentes colectivos participantes, entre os que se atopan: ADACE, AECC, AFALU, ALCER, ALUCEM, ALUFI, ALUME, ALUSOR, ASPALU, ART FOR DENT, ASFEGA, ASPACE, ASPNAIS, ASORLU, AUXILIA, BONHOMIA, COGAMI, DOWNLUGO, FADEMGA, FEAFES, ONCE, RAIOLAS, SAN VICENTE DE PAUL e AESWH , ademais das concelleiras de Igualdade e Muller e de Gobernanza, Silvia Alonso e Paula Alvarellos.

Multimedia

  • Nova edición do mercado solidario de Diversiarte, no que se poden atopar agasallos feitos a man polas asociacións do eido social de Lugo
  • Nova edición do mercado solidario de Diversiarte, no que se poden atopar agasallos feitos a man polas asociacións do eido social de Lugo
  • Nova edición do mercado solidario de Diversiarte, no que se poden atopar agasallos feitos a man polas asociacións do eido social de Lugo

Noticias relacionadas