O acto de entrega dos premios do III Concurso de Tapas, organizado pola Concellería de Cultura, terá lugar o vindeiro luns, día 5 de novembro ás 12:15 horas no Salón de Plenos do Concello. O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidirá este acto no que se fará a entrega dos trofeos aos seis gañadores desta edición: os catro seleccionados polo xurado oficial e os dous vencedores da votación popular.
O pasado 1 de outubro o xurado de expertos gastronómicos seleccionou os establecementos gañadores entre oito finalistas:
1º premio de tapa creativa |
Cachola de porco celta, caviar de grelos e aire de cachelo RESTAURANTE ESPAÑA |
|
2º premio de tapa creativa |
Hamburguesa de sepia con pan de marisco coas súas HOTEL JORGE I |
|
1º premio de tapa tradicional |
Capricho da casa CURRUNCHO A NOSA TERRA |
|
2º premio de tapa tradicional |
Brocheta de rape con crema de gambas e pataca A TABERNA DO ESPAÑA |
|
Votación popular
As tapas elexidas pola votación popular tras recontar os votos realizados por internet e os depositados nas urnas situadas en cada local foron as seguintes:
Tapa creativa San Froilán |
Carrilleira de ibérico e o viño Mencía CERVECERÍA LA ESTRELLA |
|
Tapa tradicional San Froilán |
Tosta de ensalada de xamón LE PETIT CAFÉ |
|
Estes seis restaurantes recibirán o premio correspondente e os vintenove establecementos restantes que participaron serán obsequiados cun diploma acreditativo.
No acto tamén se realizará o sorteo dunha cesta de produtos típicos de gastronomía galega, entre todas as persoas que votaron no concurso; e de catro fins de semana no Hotel Porta de San Pedro e de catro lotes de viño entre todos os que realizaron a ruta do tapeo.