O Arde Lvcvs, premio Del Viajar 2018, concedido pola web turística La Alacena Roja

Carmen Basadre recolleu a distinción nun acto no que agradeceu tanto a proposta ao equipo desta web, así como a todas as votacións. Tamén tivo palabras para as asociacións de Lugo que fan que estes festexos medren ano tras ano

Martes, 11 de decembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Arde Lvcvs, premio Del Viajar 2018, concedido pola web turística La Alacena Roja

O Arde Lvcvs vén de gañar o premio Del viajar 2018, que concede a páxina web gastronómica e turística La Alacena Roja con motivo do seu quinto aniversario. A súa elección fíxose a través dunha votación pública online, a partir dunha candidatura proposta polo equipo de edición da revista, en función da traxectoria e méritos de cada unha das propostas.

Xunto co Arde Lvcvs, competían na categoría de viaxes o aloxamento A Torre do Río, o Castelo de Soutomaior e o Programa Español de Vías Verdes.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, foi a encargada de recoller a distinción nun acto organizado na Quinta da Auga, en Santiago de Compostela. No seu transcurso, agradeceu a proposta ao equipo da web organizadora así como a todas as votacións que fixeron que esta festa de recreación histórica atesoure unha distinción máis. Tamén tivo palabras para todas e cada unha das 26 asociacións de Lugo que fan que estes festexos medren ano tras ano.

Noticias relacionadas