O Arde Lvcvs protagoniza diversos programas en directo esta fin de semana

Radio Lugo-Cadena Ser, Onda Cero con Gente Viajera ou a TVG con Aquí Galicia serán algúns medios que realizarán programas especiais dende o epicentro destes festexos

Xoves, 29 de xuño de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Para o Goberno de Lugo estas emisións supoñen catapultar tanto ao Arde Lucus, que este ano estrea o distintivo de Festa de Interese Turístico Nacional, como a Lugo a distintos recunchos do territorio nacional e internacional

O Arde Lvcvs protagonizará ao longo desta fin de semana diversos programas especiais en directo realizados por distintos medios de comunicación, tanto en televisión como en radio. En concreto, o sábado retransmitirá, ao longo de dúas horas, de 12:00 a 14:00 horas, e por primeira vez dende estes festexos, Radio Lugo- Cadena Ser, a nivel provincial, dende os soportais da Casa Consistorial. Juan Carlos Rodríguez e o seu equipo achegarán aos 55.000 oíntes o ambiente desta festa en vivo, con distintas curiosidades da época romana como pode ser todo o relacionado coa mediciña.

O programa Gente Viajera, de Onda Cero, que leva 25 anos en antena, retransmitirá o domingo, tamén en xornada de mañá, neste mesmo emprazamento. Baixo a dirección da xornalista Esther Eiros, Gente Viajera ilusionará con Lugo ás máis de 550.000 persoas oíntes deste espazo referente en información turística.

A TVG ofrecerá tamén este sábado á tarde unha nova edición do programa Aquí Galicia. As cámaras do programa pasearán polas rúas do casco antigo da cidade, que se enchen de actividades e miles de visitantes. Aquí Galicia contará cun escenario na Praza de Bretaña, que acollerá baile  e música tradicinal luguesa.

Os seus espectadores transportaranse á Epoca Rormana e para coñecer mellor a cidade de Lugo visitarán a Muralla e varios xacementos arqueolóxicos e mosaicos, así como o río, a Ponte e as Terma Romanas. O espazo presentado por Lucía Rodríguez, Bernando Montaña e Juan Fuentes, no seu apartado gastronómico, tamén ensinará un menú romano e outro castrexo.

Así mesmo, os informativos desta cadena tamén se farán eco destes festexos, así como os de V Televisión, que se achegarán mañá venres á Castra de Lvcvs Augvsti.

Para o Goberno de Lugo estas emisións supoñen catapultar tanto ao Arde Lucus, que este ano estrea o distintivo de Festa de Interese Turístico Nacional, como a Lugo a distintos recunchos do territorio nacional e internacional, permitindo a centros de persoas que se asomen, ben a través da televisión ou das ondas. ao pasado de Lvcvs Avgvsti.

Noticias relacionadas