O Cantiño Nemesio Cobreros convértese nunha pasarela de moda cunha particularidade, a inspiración da vestimenta era da Época Romana

Un cento de persoas, entre as que se atopan Carmen Basadre, Ana Prieto, Ana González e Rosana Rielo asistiron ao VIII Desfile de moda e Vestimenta da Época Romana, enmarcado dentro da programaicón do Lvcvs Cvltvral

Domingo, 21 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Cantiño Nemesio Cobreros convértese nunha pasarela de moda cunha particularidade, a inspiración da vestimenta era da Época Romana

O Cantiño Nemesio Cobreros, pegado ao Vello Cárcere, converteuse esta tarde nunha gran pasarela de moda cunha particularidade, a inspiración da vestimenta era da Época Romana.

Un cento de persoas, entre as que se atopan as Concelleiras de Cultura, Economía, Benestar Social e Concello e Cidadanía, Carmen Basadre, Ana Prieto, Ana González e Rosana Rielo, respectivamente; asistiron ao VIII Desfile de moda e Vestimenta da Época Romana, enmarcado dentro da programaicón do Lvcvs Cvltvral, organizado polo Concello.

Na mostra, presentada polo monologuista lucense Lois Pérez, participaron 4 firmas lucenses: Corazóns Artesáns, Unha de romanos, Beatríz Valín e Adamascada, así como Aluma perruqueiros, que amosaron aos asistentes as súas propostas de vestimemta, complementos e peiteados para este este Arde Lvcvs, que se celebrará o 30 de xuño, 1 e 2 de xullo.

Para Carmen Basadre, este encontro supón unha excelente oportunidade para dinamizar un dos sectores máis creativos do municipio, pois nesta cita danse a coñecer as últimas tendencias de inspiración romana.

Multimedia

  • O Cantiño Nemesio Cobreros convértese nunha pasarela de moda cunha particularidade, a inspiración da vestimenta era da Época Romana

Noticias relacionadas