O Centro de Día Antonio Gandoy recibe o certificado de calidade pola boa xestión dos servizos que presta

Ana Abelleira recolleu esta distinción que avala a atención prestada ao medio cento de usuarios deste centro integrado nas dependencias do Centro de Convivencia Maruja Mallo

Mércores, 23 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Centro de Día Antonio Gandoy recibe o certificado de calidade pola boa xestión dos servizos que presta

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, recolleu o certificado de calidade, emitido pola Entidade Nacional de Acreditación (ENAC), pola boa xestión dos servizos que presta o Centro de Día Antonio Gandoy, no referente á promoción, posta en marcha e admisión de usuarios de centros socio-sanitarios, xestión económica, servizos de formación, central de compras, asesoramento e dirección de centros, plans individuais de atención e a atención individual personalizada (PAI).

O centro, integrado nas dependencias do Centro de Convivencia Maruja Mallo, presta servizo a medio cento de persoas maiores en situación de dependencia e conta cunhas instalacións modernas, con todas as comodidades e servizos solicitados polos usuarios.

Noticias relacionadas