O Concelleiro de Protección á Comunidade presenta o libro Los colores de la memoria

Mércores, 21 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Protección á Comunidade, José Rábade, presidiu o acto de presentación do libro “Los colores de la memoria” do escritor Luis Rodríguez Cao. A violinista da Orquestra Sinfónica de Galicia, Luccica Trita, acompañounos co seu violín e tocou varias pezas musicais de carácter melancólico dacordo coa temática da obra.

O edil destacou a extraordinaria calidade literaria desta obra “pola emoción que é capaz de desencadear, levando ao lector polos máis fondos sentimentos da tristura, a soidade, a melancolía e o desexo que desata o desamor”. José Rábade salientou a traxectoria literaria de Luis Rodríguez Cao que, ademais de numerosos ensaios sobre psicoloxía, xa publicou obras dramáticas, líricas e narrativas.

Para escribir este libro, o autor de orixe meirense afondou na experiencia persoal do desamor, tema que serve para entrelazar os dous textos que conforman a obra. No primeiro, que da título ao libro, a personaxe principal fai unha lembranza da súa vida na busca da paixón perdida coa ansia de aferrarse a estos recordos para reencontrarse consigo mesmo.

No segundo texto, titulado “Amor vicario”, o autor leva a personaxe a vivir unha paixón perdida a través doutra persoa.

Luis Rodríguez Cao explicou que “con esta obra trato de expresar a añoranza da paixón que sinten todos os amantes sumidos no sufrimento do desamor”.

Noticias relacionadas