O Concello anima aos lucenses a colaborar coa Federación Secretariado Xitano, gozando cun concerto solidario de jazz, rap e flamenco

A actuación musical terá lugar mañá xoves, ás 22:30 horas, no Club Clavicémbalo. O donativo será de 2,5 euros –entrada anticipada-, e de 4 euros no propio local

Mércores, 15 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello anima aos lucenses a colaborar coa Federación Secretariado Xitano, gozando cun concerto solidario de jazz, rap e flamenco

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Benestar Social, Ana González Abelleira, convidou este mércores aos lucenses a colaborar coa Federación Secretariado Xitano, gozando cun concerto benéfico que terá lugar mañá xoves, a partir das 22:30 horas no Club Clavicémbalo.

A edil puxo en valor este encontro musical para participar na vida cultural da cidade pero tamén para que a música, que se pon ao servizo da solidariedade, chegue a todos os lucenses.

Pola súa banda, a coordinadora de FSG Lugo, Belén Fernández, quen agradeceu a colaboración do Concello coa organización e difusión de actos de solidariedade, detallou o encontro musical, que inclúe jazz, rap e flamenco. Contará cos artistas Telmo Fernández, Rodrigo López, Carlos Doval, Salvador Coriñas, Adolfo Shark, Álex Cortiñas e Álex León, así como cun grupo de flamenco.

O donativo da entrada será, en venda anticipada, de 2,5 euros e en venda no propio local da actuación, 4 euros. Todos os interesados poden comprar a súa entrada na oficina da Fundación, situada na Ronda do Carmen, 50. 

Noticias relacionadas